Saltar ao contido

Saturday Night Wrist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saturday Night Wrist
Álbum de Deftones
Publicado31 de outubro do 2006
Gravación2004 - 2006
Xénero(s)rock, nu metal
Selo(s)Maverick Records
ProdutorShaun Lopez
Bob Ezrin
Cronoloxía
B-Sides & Rarities Saturday Night Wrist Diamond Eyes
Na rede
Spotify: 4ilqDlqD37nilewk9x8tyZ Discogs: 46848 Allmusic: mw0000474602 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Saturday Night Wrist é o quinto álbum da banda estadounidense de nu metal Deftones, lanzado á venda o 31 de outubro de 2006 a través do selo Maverick Records.

A banda comezou a compoñer novos riffs logo de terminar á súa xira de 2003 e logo de intentar traballar no seu estudo durante un tempo, alugaron a casa de Malibú onde Incubus gravara o disco Morning View. Alí gravaron varias demos e, tras entrevistarse con varios produtores, optaron por gravar con Bob Ezrin en Connecticut no canto de traballar co seu produtor de tantos anos Terry Date.

Finalmente en abril a banda terminou a gravación do disco, esta vez con Shaun Lopez como produtor e participacións de Annie Hardy de Giant Drag na canción 'Pink Cell Phone' e Serj Tankian de System of a Down na canción 'Mein.'

O primeiro single do álbum foi "Hole in the Earth" e o seu vídeo dirixido por Brian Lazzaro.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]
  1. "Hole in the Earth" (Deftones) - 4:09
  2. "Rapture" (Deftones) - 3:25
  3. "Beware" (Deftones) - 6:00
  4. "Cherry Waves" (Deftones) - 5:17
  5. "Mein" (con Serj Tankian) (Deftones/Serj Tankian/Shaun Lopez) - 3:59
  6. "U,U,D,D,L,R,L,R,A,B,Select,Start" (Deftones) - 4:12
  7. "Xerces" (Deftones/Rick Verrett) - 3:42
  8. "Rats!Rats!Rats!" (Deftones) - 4:00
  9. "Pink Cellphone" (con Annie Hardy) (Deftones/Annie Hardy) - 5:04
  10. "Combat" (Deftones) - 4:46
  11. "Kimdracula" (Deftones) - 3:15
  12. "Rivière" (Deftones) - 3:45